Blogia
SAUDADE

"E - talking" (Soulwax)

Sempre fun unha reaccionaria fronte ó tema de "aparentar", tiveses ou non motivos económicos para facelo. As marcas, se non van asociadas a unha cuestión de calidade, non me interesan nadiña, especialmente ó que á roupa se refire.

Pois ben, ultimamente parece que volvín á época do instituto (aínda que son de escola "de pago"), síntome bastante observada, chegando mesmo a terme en conta ou non se levo tal ou cal coñecido logotipo. Absurdo.

De súpeto rompo a tremer e vóltome feble (dúbidas que non amolaban desde unha adolescencia rodeada de nenos “ben” que sabían se os teus eran de diñeiro ou pertencías á clase media-baixa), ata ó mirarme no espello véxome maior e deslucida, xúroo. Non o entendo.

Este patrón só mo aplico a min, o lado onde se estreita o funil é so por onde eu paso. Non esaxero se digo que teño terror a envellecer. Supoño que ando tan influida pola sociedade na que vivo, onde axiña se descarta ós que se saen dunha determinada marxe de idade, que me asustan moitisimo as incipientes e inevitables engurras na cara.

Non quero que isto semelle frívolo, quizais lido así poida parecelo, certamente sei que o fondo leva o valor, as miñas preocupacións son outras, pero necesitaba expresalo "de viva voz".

2 comentarios

duarte -

Vexo que xa empezan a aparecer en ti o grande tema do ser humano: o paso do tempo (e, por descontado, a morte). Si, un pode ter anos e sentirse mozo. Pero os anos están aí. Da medo, Saudade. A min polo menos.

OUT -

la juventud esta en la mente....conozco a gente mas joven que yo, pero mas vieja
y yo me quedo sin pelo....LIVE FOREVER