Perla negra
Hoxe estou soa nesta parte da oficina así que podo aproveitar para escoita-la emisora de radio que quero. Á hora de xantar puxen Radio Marca (non me preguntedes por qué, moitas veces elixo ésa) e atopei un programa sobre vela no que falaban do Capitán Nemo (con música de fondo de Carlos Núñez) e da ría de Vigo. Ó instante a miña cabeza encheuse de gaivotas.
Un dos locutores explicou tamén que Paul Cayard, patrón do “Piratas do Caribe”, estaba en Sanxenxo despois de navegar está mañá por augas galegas e comprobar o comportamento das velas e sistemas de abordo do seu barco. O capitán da embarcación pirata comentou, á hora de defini-lo perfil tipo dun regatista da Volvo Ocean Race, o seguinte: "Este barco require un gran esforzo físico. Para que vos fagades unha idea, é como un barco da Copa América, pero con 10 tripulantes en lugar de 17. Por iso á hora de escoller á tripulación é fundamental o seu estado físico e sicolóxico. Ademais de estar en perfecta forma, teñen que estar preparados para soportar momentos de presión, deben ser homes moi fortes e cunha gran capacidade de sacrificio". Entón pensei no meu pai...
1 comentario
Duarte -