Blogia
SAUDADE

Se reserva o dereito de admisión

Onte falei por teléfono cunha amiga que está pasando por unha mala racha, o seu mozo acaba de facerlle moito dano, agora ela ten que pensar se seguir cara diante soa ou perdoar a afrenta, difícil decisión cando ata agora tiñas organizada a vida ó carón dunha persoa na que confiabas cen por cen.
Eu non sei o que é pasar por una situación semellante, compartir unha casa, pagar unha hipoteca ou vivir cunha parella soportando as súas manías. Gustaríame sabelo, simplemente por curiosidade, non porque teña a intención de vivir para sempre con alguén (primeiro tería que atopalo); a medida que pasa o tempo decátome de que son máis esixente, teño unha parcela de intimidade adquirida dende hai tempo na que non quero que entren a "molestar", e se finalmente decido abrir a cancela o "invitado" terá que dar pequenos pasiños, casi sen facer ruido para que pouco a pouco vaia acostumándome á súa presencia.

2 comentarios

Air Jordan shoes -

Time is a versatile performer, it is able to fly, stride forward, cure all hurts, and leave impact even if passed away. Let the time to help us forget the pain

oUT!! -

I thought it would be
The easiest thing
To keep your heart whole
To keep your eyes dry
To never drop your hand
To always hold it tight