Blogia
SAUDADE

Mudanza

Dende hay catro anos estou vivindo fóra de Galicia,... pero a morriña me pesa coma si apenas levase uns días durmindo nunha cama que non é a miña. Cando lleguei a Madrid a xente dicíame: "é normal o que sintes, non te preocupes, o primer ano sempre é así, pero se pasará" e aínda estou esperando a que se me pase. Este domingo volto a mudar de casa, xa é a sexta casa dende que estou aquí e só de pensar na paliza física e psicolóxica que conleva mover mobles síntome agotada. Cambio de compañeiras de piso, cambio de barrio, cambio de horario,... pero non sei si para mellor o estou metendo a pata ata o fondo. Decidín probar cunhas oposicións ben sinxelas, as únicas que creo poder compaxinar cunha xornada laboral de 9 a 7, xa vos contarei se podo con elas o poden elas conmigo.

2 comentarios

sonia -

Moitas gracias polo teu ánimo!
Saúdos

Anónimo -

Eu, nos 3 primeiros anos en Madrid fixen 5 mudanzas. E a morrinha, bem, iso nom se vai. Animo.