Redemption songs
Xa sabedes que día é hoxe, e non vou a repetir todo o que podedes escoitar na radio o ver na televisión, simplemente quero facer un apunte sobre cómo o vivín eu desde Madrid. Hoxe espertei con sonido de campás, a cidade tocando a morto, lembrando as bágoas misturadas con pingas de chuvia daquela tarde na que todo era un pesadelo, confusión na que ninguén sabía que dicir ou facer. O día seguinte fun deses que recorreron a sede do PP, Sol, Atocha, o Congreso e volta á sede en Génova, non creades todo o que están dicindo sobre eses acontecementos, todo foi pacífico, non estabamos tolos, eu (como a maioria) non recibin ningunha mensaxe no móvil, só saín a rúa porque non podía quedar na casa con todo o que estaba a escoitar, mistura de rabia, indignación e tristeza. Aquela noite simplemente camiñamos, predominou o silencio. A 1:30 da mañá estaba de xeonllos diante do Congreso rodeada de furgons de policía cos brazos en alto...
En días como hoxe creo que a música é moito mellor que dicir calquera cousa, sobran as palabras.
En días como hoxe creo que a música é moito mellor que dicir calquera cousa, sobran as palabras.
1 comentario
O congro -