Blogia
SAUDADE

Cambios

Xa remataron as vacacións, paseinas na terra, collín tres días e enlacei cos outros festivos. Mal tempo polo norte pero non importou. Necesitaba escapar desta cidade e ve-lo mar. Mudei de casa, de compañeiras e casi de vida. Sigo no mesmo traballo, algo e algo. Penso que cando modificas tantas cousas tes que manter, ó mesmo tempo, algún dos teus pilares do dia a dia firme, para aferrarte a iso e que non todo sea caos. Ultimamente estou sen rumbo fixo tratando de dirixi-la miña vida cara ningures. Pero non teño os brazos cruzados, penso, probo e camiño... ainda que non sepa moi ben a onde.

1 comentario

O congro -

A mín pásame ó revés : eu cambio de trabalho en dúas semáns, pero a minha casa permanece.
Um conselho : É importante desejar cousar. Quem nom sabe onde vai, soe rematar noutro sitio.