Blogia
SAUDADE

"Le cirque" (Ghouls'n'ghosts)

Os pronósticos cumpríronse, reapareciches da nada e contaxiáchesme o teu insomnio. Sabía que podería ocorrer, de feito esa mesma tarde nun dos traxectos de metro, mentres repasaba mentalmente o meu personal caos diario cruzácheste polos pensamentos que golpeaban coma un martelo a miña cabeza, irrompendo coa túa intensidade habitual, quizais por aquel cartel que anunciaba un concerto que vira nada máis saír de traballar.

Hoxe teño unha resaca de ardor de estómago e levanteime coa cama completamente desfeita, coma se esta noite tivese librado unha batalla comigo mesma. Recordo o que soñei, varias historias paralelas que non pretendo analizar aínda que sobradamente sei que teñen boa canteira na miña memoria caixón de sastre para (ir)racionalmente entreterme nesa vixilia circense.

 
O analxésico será:  http://www.muzikalia.com/noticias_leer.php?referencia=7685

0 comentarios