"A honest mistake" (The bravery)
Non é a primeira vez que discutimos, máis ben son intercambios serios de opinións. Será que temos formas de ve-las cousas bastante dispares. A base de todo é que sempre remato gardándome todo aquilo que me amola e que debería dicir dende o principio, pero non son capaz.
Consecuencia, poño cara de noxo durante un ou dous días, contestando con poucas gaitas, desa maneira a outra parte remata por enfadarse tamén. Así é coma estamos agora. Eu pensando que debería sair del/@ decatarse de cousas que "non están ben" e el/@ sen entender nada e sen dirixirme unha verba. Odio esas guerras de silencio pero non fago nada para evitalas, recoñézoo. Como diría miña nai: "un polo outro e a casa sen varrer".
1 comentario
Flami -
El orgullo a veces, mejor de lado.
Muchos bicosss¡