América
Onte chamei ó meu pai para que me contase un pouco como foi o espectáculo de vela que deu vida á cidade de Vigo o fin de semana pasado. Notábaselle emocionado polo teléfono, díxome, "¡iso non mo podía perder eu!", e relatoume tódolos detalles. Fíxome lembrar unha historia que me contara un deses fines de semana que estiven na casa. Falabamos da súa infancia e de qué quería ser cando era neno. Díxome que él, coma todos naquela época, quería ir a Ámerica, ese era o seu soño, enrolarse nun barco que fose non ó sur, coma a maioría, senon ós Estados Unidos, quería ver cómo era aquel lonxano e descoñecido trozo de terra para un rapaz de apenas quince anos, a idade que tiña cando empezou a navegar naqueles buques enormes que se movían con carbón. Tiña decidido quedar alí e voltar feito un homiño. Finalmente recorreu moitos mares pero non foi a vivir a América porque coñeceu a miña nai, e as prioridades cambian, comentoume. Sería ó final da súa profesión, apenas uns anos antes de retirarse, cando arribaría en Norfolk (Virginia), ¡por fin estaba a pisar Ámerica do Norte!
Hoxe en día segue navegando, di que non sabe facer outra cousa (pero minte porque eu ben sei que é capaz de facer case todo o que se propoña), o soño mudou, agora está convencido que ten pendente unha volta ó mundo...
3 comentarios
Duarte -
Tone -
Un besazo, galega!
misslucifer -