Marexada
Lendo un xornal local atopei esta noticia: "Rescatan a los tripulantes de un barco de O Morrazo hundido en Gran Sol". Fixóme lembrar os comezos na profesión do meu pai, creo que a maior parte dos galegos van cara alá e despois é cando cruzan o charco. A infancia do meu proxenitor (se é que a tivo) foi moi dura porque había que comer e gaña-la vida, o meu avó non tiña leiras só brazos fortes para acarrear carbón, era maquinista, o peor traballo nun buque, e o meu pai estaba ó seu carón. Despois coa súa intelixencia e caracter chegaría a levar o timón de moitos barcos. Hoxe ama e respeta a mar, aínda sae navegar porque (segundo él) non sabe facer outra cousa.
1 comentario
Berimbau -