Blogia
SAUDADE

Vésperas

Acábase o ano e négome, típico destas datas, a mirar atrás, evalualo ou comparar mentalmente os propósitos que tiña cando empezou coas metas acadadas, resumirei dicindo que non estivo mal, a palabra é tranquilo.
A nivel musical foi con todo bastante intenso, gocei con grandes concertos (U2 en Donosti) e festivales (Metrorock, Primavera Sound, FIB, FRA), xa sabedes que a música ocupa un lugar importante do meu tempo libre e da miña vida.
A nivel persoal coñecín a xente que pasou a formar parte, por sobrados méritos propios, do meu pequeno grupo de bos amigos. Tamén houbo algunha ruptura definitiva da que xa vos falei unas cantas veces por aquí. Ese tema segue (e seguirá) en punto morto.
Viaxei, bailei, sorrín, loitei e chorei...
Véxome ao espello e síntome maior (non sabedes que crise cando hai uns meses tiven que renovar o carné de conducir porque ¡xa pasaran dez anos!).
O único que pido ó 2006 é saúde para a miña familia (non sé que faría sen eles) e para min e así poder seguir enchendo o álbum de fotos interior con grandes vivencias compartidas cos que quero e me queren.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

1 comentario

Duarte -

Pois agora a comeza-lo ano que entra.
Un bico
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres