Blogia
SAUDADE

Medrar

Onte foi un día moi importante, ¡meu irmán rematou a carreira!, aprobou todo-los exames ós que se presentara en setembro, tarefa difícil nunha facultade coma a súa. Faloume das últimas revisións, das derradeiras loitas cos mestres, da importancia de pisa-las aulas durante o curso para non ser un número máis... Estaba feliz e sentinme ben de que ó instante de sabelo me chamase a min para compartilo. Díxome: "tiña que ser o día do eclipse"
Unha das cousas que máis botei en falta cando cheguei aquí foron aquelas longas noites de estudio que pasabamos xuntos. Se algún dos dous, cando chegabamos da facultade, tiña moito que facer iba á habitación do outro e preguntaba: "¿Hoxe te quedas hasta tarde?", era como dicir: "Non quero que vaias durmir, por favor aguanta un pouquiño por min". Saber que o outro estaba debaixo dunha lámpada noutro lado da casa pegándose cuns apuntamentos dábate pulo. Había días que eu non tiña moito traballo pero quedaba igual por facerlle compaña, preparáballe café e de cando en vez petaba á porta para ver se lle quedaba moito.
Todo iso rematou. Fixose maior nun abrir e pechar de ollos. Xa non é un meniño delgado con pantalóns curtos.

3 comentarios

out -

El dia que aprobe la carrera, fue uno de los dias mas felices que recuerdo.Aquel aprobado suponia mas que aprobar una carrera. Era el culmen a un año lleno de esfuezos, aventuras, y una promesa cumplida. Felicidades BROTHER.

misslucifer -

no se cuando acabare mi carrera, pero el dia que lo haga hare una fiesta por todo lo alto, ese dia sere muy feliz. ¿podre ser algun dia perito quimico?

Duarte Manzalvos -

Lémbrome de cando eu rematéi a carreira. O primeiro en varias xeraciós na miña familia. "Non foi nada", penséi (realmente non o foi), mais a miña nai botouse a chorar.