Eses pequenos detalles
Entre eles está o que acontece cada domingo ás 23:30 (hora á que sae o autobús Vigo-Madrid), meu pai lévame ata estación, diálogo de pai a filla con algunha recomendación, algunha anécdota, e o mellor: algún sorriso roubado á súa cara seria. Onte esbozou un deses, foi cando lle comentei que quería sentarme unha tarde ó seu carón para que me contase máis de todo que viviu no mar, díxome que para iso necesitaría moitísimo tempo, e sorriu. Subín ó autobús e él esperou alí ata que marchou, axitando a súa man. Ese pequeno e insignificante xesto emocióname sempre porque él é moi pouco dado a exteriorizar sentimentos e nese momento faino... xa non podo dicir que non me gustan as despedidas, esa SÍ.
3 comentarios
Duarte -
out!! -
Bien, aquí, queridos amigos, a la orilla del Mar termina por fin nuestra comunidad en la Tierra Media. ¡Id en paz! No os diré: no lloréis; porque no todas las lágrimas son malas
oUT!!! -
Porque a veces vivimos tan esforzados por encontrar la gran felicidad que nos olvidamos de esas pequeñas alegrías que le dan sentido a nuestras vidas.