Pequenas historias (I)
Carapuchiña emigrou buscando un soño. ¿Quén non o fai? Chegou á gran cidade. Cambiou carballos por asfalto. ¿Onde vas pequena maruxiña con caparazón voando en circulos sen ficar en ningures?. Pousa, pousa. Por momentos atopaba recunchos nos que descansar e sentirse como en casa. Co paso do tempo as ilusións misturáronse con brétema e xa non podía velas con claridade. As voltas eran espirales ou complicados laberintos. "Estou moi cansa", dixo, "non teño forzas para seguir xirando". As cores vermella e negra tornaran en gris.
Un día, cando o seu pulso xa era tan feble como un fío, chegou o Albatros, cheo de vida, coa gorxa mollada de mar. Soplou e botou o seu alento salado cara ela. Pulos de aire atlántico arrebolando os beizos da maruxiña. Abriu os ollos, notou a calor do sol e comezou a voar ó carón daquel paxaro...

1 comentario
duarte -