"Enemies Like This" (Radio 4)
Se puidese exprimir estes útimos meses de vida e extraer o mollo de cada segundo estou segura que terían unha mestura de sabores, o amargo predominaría na súa composición pero cunhas gotiñas doces suavizándoo, para dixerilo todo mellor. Esta batidora non deixou de funcionar, axitando os meus días e os das miñas compañeiras de piso con forza de ciclón.
O primeiro punto sobre o i tratará de poñelo unha posible mudanza colectiva (ou todas ou ningunha), de momento é só unha volátil idea pero me encantaría que se materializase canto antes. Deixar atrás un piso que ten a súa historia (musical sobre todo) e abrir as portas a outro (señores que xa levo ¡seis mudanzas en cinco anos!) converténdoo no noso novo "refuxio antiaéreo". A ver que pasa...
0 comentarios