Aniversario
Hoxe é o aniversario de un dos meus mellores amigos (?), pero que ata hai moi pouquiño era bastante máis que iso. Onte á noite, a iso das 00:10 envieille unha mensaxe felicitandoo, non sabía cómo escribir, é dificil elexi-las verbas exactas para non parecer excesivamente frío ou demasiado cercano, non existe algo intermedio cando o que houbo foi tan forte. A súa resposta (despois dun tempo prudencial, non sexa que eu pensase que tiña moitas ganas de contestarme) foi afectiva pero lonxana, dándome as gracias e lembrando que estamos moi preto dos 30. Xa non queda nada de TODO o que había, aínda me doe...
0 comentarios