SAUDADE

Temas

Enlaces

música

blogs

cine

Archivos

 

"Everything counts" (DM)

Atesouro as túas verbas como un dos mellores agasallos que me fixeron nunca, sempre é así, o máis importante da vida non se compra con diñeiro.


Sorprendentes e desconcertantes ó mesmo tempo... non podía imaxinar que ti pensases iso de min. Vindo da persoa que tiña fronte a fronte cada frase amosaba o doble de valor e credibilidade.


Hai expresións difíciles de pronunciar ( hai xente que non é quen de facelo en toda a súa vida) con todo saíron dos teus beizos coa perfección dunha historia contada por un contacontos.
Oxalá puidese inmortalizar eses escasos minutos, gravar literalmente a mensaxe para sempre porque sinto que cada día que pasa esvaécese un pouco na nebulosa desordenada na que se converteu co tempo a miña memoria.


Que fácil é, ás veces, facer sorrir.

19/12/2006 16:13 Autor: saudade. .... Tema: un día más.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.