Xa falei con quen tiña que falar e comuniquei a miña baixa voluntaria, foi sinxelo, sen réplicas nin reproches. Fin dunha etapa. De súpeto lembrei estas estrofas...
Tal vez penses que nada cambiou
(qu)e de ningún dos esforzos
ves resposta hoxe
pero pouco a pouco
algo se move
e o sol, con versos de luz, avanza
atravesando as nubes
espertando a paisaxe
por entre os feixes de arumes
algún froito nace
Tralas nubes
versos de luz
quedan as pegadas
do que outros xa fixeron
tralas nubes
versos de luz
a historia nos agarda
i é noso o tempo
quedarán pegadas
do que estamos facendo
As cousas nunca se cambian de golpe
Pero non podes cansarte
Non quedes durmido
Porque o desta viaxe
Non é un camiño
Son mil, i hemos de andalos todos
E imos avanzando
Sen un soio silencio
Que o vento segue soprando
I este é o noso tempo
Tralas nubes
Versos de luz
Chaman a (marcan) un futuro
Que non está tan lonxe
Tralas nubes
Versos de luz
Hai que cambia-lo mundo
Botar fora ó podre
Porque hai un futuro
E non está tan lonxe
Autor: misslucifer
Fecha: 06/02/2006 14:59.
Autor: yo
Fecha: 06/02/2006 15:19.
Autor: out
Fecha: 06/02/2006 15:33.
Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/