SAUDADE

Temas

Enlaces

música

blogs

cine

Archivos

 

Unha tarde de domingo

O sábado pola tarde decidín mercar unha entrada para o concerto que LCD SOUNDSYSTEM daba na Riviera o domingo. A a miña economía doméstica está cun enorme burato este mes pero a música é (case) sempre a miña prioridade, así que escollín iso en lugar de sair pola noite o día anterior. Quedei cuns amigos para tomar algo antes de entrar na sala (o concerto comezaba ás 20:30), ese anaco de tempo foi moi agradable, as tertulias con amigos sempre aportan detalles dignos de mención.
Cando cruzamo-la porta xa estaban tocando os teloneiros (HOT CHIP), pero nós agardabamos con impaciencia ós cinco membros do grupo de James Murphy. A nosa espectación era compartida co resto do público porque cando aquéles saltaron ó escenario arrancaron aprausos e asubíos constantes. A adrenalina comezaba a bombearse e acelera-lo corazón. Non decepcionaron, o concerto foi espectacular, pecharon con "Yeah, yeah, yeah" que subíu os alí presentes ó extasis.
É incrible o poder da música en directo, entra polos teus poros e xa non te solta, eu son unha adicta.
18/04/2005 15:02 .... Tema: música.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.