SAUDADE

Temas

Enlaces

música

blogs

cine

Archivos

 
Warning: main(): php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /home/blogia/blogs/s/sa/sau/saudade/cabecera.php on line 140

Warning: main(http://www.blogia.com/anuncios/anunciogrande.inc.php?nomblog=saudade&tienepub=): failed to open stream: Success in /home/blogia/blogs/s/sa/sau/saudade/cabecera.php on line 140

Warning: main(): Failed opening 'http://www.blogia.com/anuncios/anunciogrande.inc.php?nomblog=saudade&tienepub=' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear') in /home/blogia/blogs/s/sa/sau/saudade/cabecera.php on line 140

Redemption songs

Xa sabedes que día é hoxe, e non vou a repetir todo o que podedes escoitar na radio o ver na televisión, simplemente quero facer un apunte sobre cómo o vivín eu desde Madrid. Hoxe espertei con sonido de campás, a cidade tocando a morto, lembrando as bágoas misturadas con pingas de chuvia daquela tarde na que todo era un pesadelo, confusión na que ninguén sabía que dicir ou facer. O día seguinte fun deses que recorreron a sede do PP, Sol, Atocha, o Congreso e volta á sede en Génova, non creades todo o que están dicindo sobre eses acontecementos, todo foi pacífico, non estabamos tolos, eu (como a maioria) non recibin ningunha mensaxe no móvil, só saín a rúa porque non podía quedar na casa con todo o que estaba a escoitar, mistura de rabia, indignación e tristeza. Aquela noite simplemente camiñamos, predominou o silencio. A 1:30 da mañá estaba de xeonllos diante do Congreso rodeada de furgons de policía cos brazos en alto...
En días como hoxe creo que a música é moito mellor que dicir calquera cousa, sobran as palabras.
11/03/2005 10:23 .... Tema: un día más.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: O congro

Eu tamén o vivín de preto. O meu trabalho está pegado ás vías, a 100 metros de onde estoupóu o segundo tren de Atocha. Eu cheguéi ás 8, e dende alí vimos todo. Umha companheira ía no tren, e no vagón, pero, por sorte, só perdéu o conocimento, e alguén a sacóu do tren. Está bem. E eu tamén fun o sábado á porta da sede do PP, sen mensage de por medio. Estou de acordo en que, o melhor, é calar.

Fecha: 11/03/2005 13:34.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.